Unha nena eu atopei
No camiñiño dun monte
Viña soa e seus ollos
Estaban roxos de chorar
Que che pasa miña nena
Porque choras dimo a min
Porque ves así tan triste
Meteuse contigo alguén
E ela non dicía nada
A sua man me ensinou
Traia unha presa de terra
Que dixo seu pai lle deu
Que é o que queres que che diga
Se non podo nin falar
Esta presiña de terra
É un recordo do meu pai
Desde antonte está enterrado
E non o podo esquecer
Que é o que queres que che faga
Miña nai morreu tamén
Eu collina pola man
E tamén chorei con ela
Leveina pra miña casa
Crieina como unha irmá
Xa non chores miña nena
Que aínda que non son teu pai
Hei quererche rapaciña
Hei quererche de verdade
Unha nena eu atopei
No camiñiño dun monte
Viña soa e chorando
Porque xa non tiña pais
Porque xa non tiñaa
Pais
Mais de 15 cursos com aulas exclusivas, materiais didáticos e exercícios por R$49,90/mês.
Tenha acesso a benefícios exclusivos no App e no Site
Chega de anúncios
Mais recursos no app do Afinador
Atendimento Prioritário
Aumente seu limite de lista
Ajude a produzir mais conteúdo